Acordeones Alborada

Alborada Blanco

Venda e reparación de acordeóns

Venda de acordeóns

En Acordeóns Alborada poñemos á túa disposición unha ampla selección de acordeóns novos e de segunda man, perfectos para cada necesidade e orzamento. Pregunta sen compromiso!

Accesorios para acordeóns

Aquí poderás atopar atrís, correas, folgos e moito máis. Se non atopas algo, podes poñerte en contacto con nós e intentaremos conseguir o que necesites.

Reparación de acordeóns

Se buscas un servizo de reparación de acordeóns, estás no lugar axeitado. A nosa experiencia e formación especializada en Italia permítennos ofrecer un servizo de alta calidade para garantir que o teu acordeón soe e funcione como novo.

Clases de acordeón

Tes curiosidade por aprender a tocar o acordeón? En Alborada ofrecemos un sistema creado por nós mesmos para impartir ensinanza a persoas sen coñecementos musicais. Se só queres probar se che gusta, poderás alugar un acordeón durante o tempo que desexes para probar!

Alborada Trío Musical

Con unha lonxeva traxectoria na escena musical de Galicia, no Trío Musical Alborada estamos dispoñibles para actuar en calquera celebración, desde bodas e aniversarios ata eventos corporativos e festas privadas.

Contacto

Necesitas máis información? Estamos a só unha mensaxe de distancia. Contáctanos e resolveremos todas as túas dúbidas.