Acordeones Alborada

Alborada Acordeóns

Clases de acordeón

Algunha vez soñaches con tocar un instrumento que capture a esencia da música tradicional e moderna por igual? As clases de acordeón na provincia da Coruña que ofrecemos están deseñadas para que goces do proceso de aprendizaxe ao teu propio ritmo.

A nosa metodoloxía de ensinanza​

En Alborada aválannos máis de 100 alumnos por toda a provincia da Coruña. Conseguimos isto deseñando un método de ensinanza propio que consiste en descifrar a música para que poidas aprender a tocar sexa cal sexa o teu nivel ou idade. Garantimos resultados en 3 meses, interpretando varias melodías a ambas mans. Achégate e proba sen compromiso!

Festa do Acordeón

Desde fai 20 anos, celebramos a Festa do Acordeón cos nosos alumnos e profesores, onde reunimos a máis de 300 amantes do acordeón. Na celebración sortéase 1 acordeón novo e moitos mais agasallos, gózase dunha actuación en vivo con máis de 70 acordeóns simultáneos e culmínase a velada cun baile. É un dos días máis especiais para nós cun ambiente único e familiar. Esperámoste cos brazos abertos!

Aluga un acordeón e proba sen compromiso

Se es o noso alumno, en Acordeóns Alborada, ofrecémosche a posibilidade de alugar un acordeón durante o tempo que necesites.

Garantía Infinita para alumnos

Se compras un acordeón novo ou de segunda man, mentres sexas alumno de Alborada, contarás con garantía infinita en todos os nosos produtos.

Por que escoller Acordeóns Alborada?

En Acordeóns Alborada diferenciámonos polo noso compromiso coa calidade do ensino e pola paixón que poñemos en cada clase. Pero, que é o que realmente nos fai destacar?

Tomámonos o tempo para entender as túas necesidades e deseñar un plan de aprendizaxe que te leve ao éxito. 

Creamos un ambiente acolledor onde podes aprender ao teu propio ritmo, sen presións, pero con todo o apoio necesario para que avances con confianza.

Solicita orzamento sen compromiso

Interesado en aprender a tocar o acordeón? Solicita o teu presuposto sen compromiso hoxe mesmo!

Contacto

Precisas orientación? Chámamos ou envíanos un correo e axudarémoste con moito gusto. Contacta sen compromiso!